“Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro” (Emily Dickinson)
A Asociación Cultural Aira das Mantas de Maceda sumase a esta actividade que se leva a cabo a nivel mundial de liberalización de libros.
Consiste en deixar libros ceibes en lugares públicos a disposición de todo aquel que teña interese na lectura. O libro ceibado leva unha ficha que informa sobre o proxecto e pide que unha vez sexa leido vólvase a ceibar. Así o largo do día distintos libros son deixados por Maceda para que calquera poida levalo para casa e que unha vez leido que o volven a deixar ca ficha explicativa nun lugar de aceso publico.
A intención liberando o libro é que poidan rular os libros de man en man como forma de difundir a cultura.
O proxecto intentará facer un seguimento de estes libros a través do correo electrónico e de sms.