O domingo 16 de agosto de 2009 contando ca afluencia de xente que hai na vila de Maceda no mes de agosto decidimos saír a rúa e montar un posto de exposición e difusión das distintas actividades que organizou a Asociación Cultural Aira das Mantas durante o ano 2009.
Así montamos unha carpa na praza Benigno Álvarez de Maceda onde todos os interesados puideron coñecer a nosa asociación así como recibir distintos agasallos como pode ser un exemplar da revista Alcatruz, un Conto de Sempre, calendarios, etc.