Un ano máis, a asociación cultural “Aira das Mantas”, celebrou na rúa unha celebración do Día das Letras Galegas, este ano adicado a Uxio Novoneyra. As actividades tiveron lugar o pasado domingo día 16 de maio de 2010 na Praza das Toldas de Maceda co seguinte programa:
Ás 12:30 horas, apertura da 3ª Feira do Libro en Galego e a presentación do segundo conto da colección Contos de Sempre co título “O can e a raposa”, conto de tradición oral publicado pola asociación Aira das Mantas, recollido por Luís del Campo Prol con ilustracións de Sara Fernández Díaz.
.
Ás 17:30 horas, a cargo do grupo Altega: “Escola de Maxia” e a continuación Karoke (en galego)e o remate gran chocolatada para tódolos asistentes ás actividades.