O domingo 15 de maio de 2011 co motivo da celebración do día das Letras Galegas, iste ano adicado a Lois Pereiro, e como ven sendo xa habitual anos anteriores, organizado pola Asociación Cultural Aira das Mantas de Maceda ca colaboración da Deputación de Ourense, organizáronse varias actividades culturais co seguinte programa:
Ás doce da maña apertura da 4ª feira do libro en galego.
Inauguración da exposición: “Camiño de Santiago”
Presentación do conto “O galo da Derena”, terceiro número da colección de contos de tradición oral, “Contos de Sempre” que publica a Asociación Cultural Aira das Mantas.
Ás seis da tarde “contacontos” con Fran Guede.
Ó rematar o contacontos todos os participantes terán agasallos por xentileza da Deputación de Ourense.